martes, 19 de mayo de 2015

Historia do día das letras galegas

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuxeron que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propoñíase o dia 17 de maio, ao ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque é a data de publicación de CANTARES GALLEGOS. Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.
Xa este primeiro ano se editou un libro, unha edición crítica de CANTARES GALLEGOS realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambentes populares.
Despois -a partir de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas adicados cada un deles a unha figura significativa das letras galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ao que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios senón nos ambentes do pobo".

LISTADO DE HOMENAXEADOS POR ORDE CRONOLÓXICA

2015 - Xosé Filgueira Valverde
2014 - Xosé María Díaz Castro
2013 - Roberto Vidal Bolaño
2012 - Valentín Paz Andrade
2011 – Lois Pereiro
2010 – Uxío Novoneyra
2009 – Ramón Piñeiro López
2008 – Xosé María Álvarez Blázquez
2007 – María Mariño
2006 – Manuel Lugrís Freire
2005 – Lorenzo Varela
2004 – Xaquín Lorenzo, Xocas
2003 – Antón Avilés de Taramancos
2002 – Fray Martín Sarmiento
2001 – Eladio Rodríguez
2000 – Manuel Murguía
1999 – Roberto Blanco Torres
1998 – Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
1997 – Ánxel Fole
1996 – Xesús Ignacio Ferro Couselo
1995 – Rafael Dieste
1994 – Luis Seoane
1993 – Eduardo Blanco Amor
1992 – Fermín Bouza Brey
1991 – Álvaro Cunqueiro
1990 – Luis Pimentel
1989 – Celso Emilio Ferreiro
1988 – Ramón Otero Pedrayo
1987 – Francisca Herrera Garrido
1986 – Aquilino Iglesia Alvariño
1985 – Antón Losada Diéguez
1984 – Armando Cotarelo Valledor
1983 – Manuel Leiras Pulpeiro
1982 – Luis Amado Carballo
1981 – Vicente Risco
1980 – Alfonso X el Sabio
1979 – Manuel Antonio
1978 – Antonio López Ferreiro
1977 – Antón Villar Ponte
1976 – Ramón Cabanillas
1975 – Xoán Manuel Pintos Villar
1974 – Xoán Vicente Viqueira Cortón
1973 – Manuel Lago González
1972 – Valentín Lamas Carvajal
1971 – Gonzalo López Abente
1970 – Marcial Valladares Núñez
1969 – Antonio Noriega Varela
1968 – Florentino López Cuevillas
1967 – Manuel Curros Enríquez
1966 – Francisco Añón
1965 – Eduardo Pondal
1964 – Alfonso Daniel R. Castelao

1963 – Rosalía de Castro

No hay comentarios:

Publicar un comentario