martes, 19 de mayo de 2015
O Homenaxeado do día das letras galegas 2015.
O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Estudiou o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións.
Obras
Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...
Historia do día das letras galegas
O 20 de marzo de
1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta
institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de
maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para
"recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez
Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego,
expuxeron que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario
da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a
Academia deberia consagrar o simbolismo da data nunha celebración
anual.
Estimaban que o
libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa
que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa
aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como
instrumento de creación literaria", concluindo que representa
"un fito decisivo na historia da renacencia cultural de
Galicia".
Propoñíase o
dia 17 de maio, ao ignorarse a data da publicación do libro, por ser
nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán
Caballero.
E naquel momento
foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de
maio. Escolleuse esta data porque é a data de publicación de
CANTARES GALLEGOS. Baseaban os académicos a súa proposta en que
este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación
universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura
galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio
universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.
Xa este primeiro
ano se editou un libro, unha edición crítica de CANTARES GALLEGOS
realizada por Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha
significación extraordinaria, e foi moi ben acollida non só a nível
literario senón nos ambentes populares.
Despois -a partir
de entón- fóronse celebrando cada ano días da Letras Galegas
adicados cada un deles a unha figura significativa das letras
galegas, e hoxe está nun momento en que parece que responde xa ao
que pretendiamos todos: Que a festa das Letras Galegas teña unha
significación, un alcance e un eco non só nos ambentes minoritarios
senón nos ambentes do pobo".
LISTADO DE HOMENAXEADOS POR ORDE CRONOLÓXICA
2015 - Xosé
Filgueira Valverde
2014 - Xosé
María Díaz Castro
2013 - Roberto
Vidal Bolaño
2012 - Valentín
Paz Andrade
2011 – Lois
Pereiro
2010 – Uxío
Novoneyra
2009 – Ramón
Piñeiro López
2008 – Xosé
María Álvarez Blázquez
2007 – María
Mariño
2006 – Manuel
Lugrís Freire
2005 – Lorenzo
Varela
2004 – Xaquín
Lorenzo, Xocas
2003 – Antón
Avilés de Taramancos
2002 – Fray
Martín Sarmiento
2001 – Eladio
Rodríguez
2000 – Manuel
Murguía
1999 – Roberto
Blanco Torres
1998 – Xoán de
Cangas, Martín Códax y Mendinho
1997 – Ánxel
Fole
1996 – Xesús
Ignacio Ferro Couselo
1995 – Rafael
Dieste
1994 – Luis
Seoane
1993 – Eduardo
Blanco Amor
1992 – Fermín
Bouza Brey
1991 – Álvaro
Cunqueiro
1990 – Luis
Pimentel
1989 – Celso
Emilio Ferreiro
1988 – Ramón
Otero Pedrayo
1987 –
Francisca Herrera Garrido
1986 – Aquilino
Iglesia Alvariño
1985 – Antón
Losada Diéguez
1984 – Armando
Cotarelo Valledor
1983 – Manuel
Leiras Pulpeiro
1982 – Luis
Amado Carballo
1981 – Vicente
Risco
1980 – Alfonso
X el Sabio
1979 – Manuel
Antonio
1978 – Antonio
López Ferreiro
1977 – Antón
Villar Ponte
1976 – Ramón
Cabanillas
1975 – Xoán
Manuel Pintos Villar
1974 – Xoán
Vicente Viqueira Cortón
1973 – Manuel
Lago González
1972 – Valentín
Lamas Carvajal
1971 – Gonzalo
López Abente
1970 – Marcial
Valladares Núñez
1969 – Antonio
Noriega Varela
1968 –
Florentino López Cuevillas
1967 – Manuel
Curros Enríquez
1966 –
Francisco Añón
1965 – Eduardo
Pondal
1964 – Alfonso
Daniel R. Castelao
1963 – Rosalía
de Castro
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)